|
A comunicación ambiental é unha estratexia de grande importancia para calquera organización pública ou privada. A mera xeración de informes xa non é suficiente. Hoxe é fundamental servirse de ferramentas como a publicidade sobre soportes físicos ou dixitais, a etiqueta do produto, as presentacións públicas ou as visitas guiadas a instalacións, entre outras cousas, para lles facer chegar ao cidadán e ao cliente o esforzo da entidade pola sustentabilidade. En Terranova Interpretación y Gestión Ambiental, S.L. somos especialistas en comunicación ambiental. Estes son algúns exemplos representativos do noso traballo:
|
|
Colección de pósters e adhesivos sobre a flora e a fauna ameazadas de Galicia |
|
 Colección de pósters e adhesivos sobre a flora e a fauna ameazadas de Galicia
A Dirección Xeral de Conservación da Xunta de Galicia encargounos unha campaña de difusión destinada a dar a coñecer algunhas das especies de flora e fauna máis ameazadas de Galicia. Realizáronse 20 carteis de gran formato e outros tantos adhesivos. Para as especies de flora contamos coa colaboración do Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela. |
|
Ler máis...
|
|
Apoio á comunicación ambiental de INDITEX |
|

Elaboramos e deseñamos diferentes materiais de apoio para a comunicación ambiental dunha das empresas españolas con maior presenza internacional. |
|
Ler máis...
|
|
Deseño, contidos e mantemento da páxina web de SOGAMA |
|

Unha das páxinas web sobre medio ambiente máis visitadas de Galicia. |
|
Ler máis...
|
|
Páxina web da Dirección Xeral de Conservación da Consellería de Medio Ambiente |
|

O grande espazo web sobre a conservación da natureza en Galicia. |
|
Ler máis...
|
|
Deseño e xestión da campaña “O teu papel é importante” - Concello da Coruña |
|

Unha mensaxe multimedia sobre o aforro de papel que chega por e-mail. |
|
Ler máis...
|
|
|
|