 | Máis de 22.000 participantes nas actividades coordinadas por Terranova S.L. en 2009 Cada fin de ano toca facer revisión. No noso caso, isto consiste en coñecer o grao de satisfacción dos nosos clientes, así como a valoración que os nosos servizos merecen aos seus destinatarios finais: a cidadanía de todas as idades. Ao longo de 2009 participaron nas diferentes actividades coordinadas dende esta empresa máis de 22.000 persoas. A elas hai que sumar os miles de visitantes que pasaron polas diversas exposicións e museos deseñados e instalados por nós tanto neste como en anos anteriores. ¿Como valoran eses participantes o noso traballo? Para mostra, un botón: neste enlace podes consultar os resultados das enquisas realizadas aos visitantes ao Complexo Ambiental de Cerceda, actividade que desenvolvemos para a Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA). http://www.sogama.es/visitas.php?lang=GA&sec=7&pag=51 Feliz e próspero 2010! |
|
|
|